Recordatorio de citas automático, conectado á túa axenda
Cada cita recibe un recordatorio e unha forma fácil de confirmar, cambiar ou cancelar. Menos ocos baleiros, menos chamadas e a túa axenda sempre ao día.
O problema que resolve
Unha cita á que o cliente non se presenta é un oco que non se pode vender. E confirmar a man obriga a alguén a chamar ou escribir, un a un, xusto nas horas en que máis traballo hai. É tarefa de clínicas, talleres, peiteadorías, xestorías, centros de estética, academias ou calquera negocio que viva da axenda.
Como funciona
- Le a túa axenda Conéctase ao teu calendario ou software de citas, se ofrece unha vía razoable. Ver integracións.
- Envía o recordatorio Coa antelación que decidas: o día anterior, unhas horas antes, ou ambos. Pola canle que uses e teñas permiso para usar con ese cliente.
- Recolle a resposta O cliente confirma, cambia ou cancela cun toque ou unha resposta curta.
- Actualiza a axenda E avisa a unha persoa só cando hai unha excepción: unha cancelación de última hora, un cambio que non cabe, unha resposta ambigua.
- Enche o oco Se o configuras: ofrece a cita liberada a unha lista de espera.
Que inclúe
- Mensaxes co ton e o nome do teu negocio, en castelán, galego ou os dous.
- Regras por tipo de cita: non é o mesmo unha revisión rápida que unha sesión longa.
- Un panel simple con citas confirmadas, cambiadas, canceladas e sen resposta.
- Traspaso a unha persoa sempre que a mensaxe non encaixe nunha regra.
Datos persoais: o mínimo
O recordatorio precisa nome, data, hora e canle de contacto. Non precisa, nin garda, o motivo da consulta nin datos sensibles. Para contactar cun cliente hai que respectar o seu consentimento e a normativa de comunicacións comerciais e de protección de datos; configurámolo contigo e valídalo co teu asesor. Se o usas no ámbito sanitario, mira clínicas.
Esta páxina describe unha solución. Para ver un exemplo con datos de mostra, mira casos.
Preguntas frecuentes
Funciona con WhatsApp, SMS ou correo?
Depende da canle que use o teu negocio e de que teñas a autorización necesaria para escribir a cada cliente por ela. Defínimolo na revisión inicial.
E se a miña axenda é de papel?
Entón o primeiro paso é pasala a un calendario dixital. É un traballo pequeno e fíxose unha vez.
Canto tarda en poñerse en marcha?
Depende da axenda e da canle. Un piloto cun tipo de cita é o habitual para comezar e pódese axustar con datos reais.
Canto custa?
Depende da axenda, as canles e o volume. Como calculamos o orzamento, en prezos.
Falamos do teu caso?
Cóntanos que che quita tempo ou que precisas na túa web. Respondémosche nun día laborable cunha proposta concreta, sen compromiso.
Escribirnos