Quen somos
Dúas persoas, tres liñas de traballo e ningún intermediario: quen fai a auditoría é quen despois desprega e atende.
Que é Podko
Podko traballa con pemes e despachos de Galicia en tres liñas: automatización de procesos con axentes de IA, IA para empresas (consultoría, chatbots e modelos propios) e desenvolvemento web con aloxamento e mantemento.
Como repartimos o traballo
- Automatización de procesos e IA Axentes, chatbots e conexións co teu ERP, CRM e correo.
- Desenvolvemento web, sistemas e despregamentos Webs, servidores, copias e SEO técnico.
Como traballamos
Non hai un comercial entre ti e quen fai o traballo. A auditoría faise na empresa cando é posible, con quen mantén hoxe os sistemas, e o despregamento próbase no mesmo sitio onde se vai usar. Gústanos dicir que non cando algo non encaixa: se unha ferramenta estándar resolve o teu problema, recomendámosche ela en lugar de venderche desenvolvemento.
O que prometemos e o que non
- Si Dicirche con franqueza que merece a pena automatizar e que non, medir o antes e o despois, e deixar unha persoa revisando o importante.
- Non Prometer resultados que non poidamos medir, publicar clientes ou cifras que non existen, nin atarte con permanencias longas.
Datos do titular
Os datos do titular do sitio web figuran no aviso legal. Para escribirnos, podes usar o formulario de contacto ou o correo info@podko.tech.
Falamos do teu caso?
Cóntanos que che quita tempo ou que precisas na túa web. Respondémosche nun día laborable cunha proposta concreta, sen compromiso.
Escribirnos