Mantemento web: que a túa web siga funcionando
Unha web publicada non se coida soa. Encargámonos das actualizacións, as copias, a vixilancia e os cambios pequenos, para que ti non teñas que pensar niso.
Que inclúe
- Actualizacións de seguranza Do servidor, do sistema e das dependencias da web.
- Copias de seguranza diarias E restauración probada: unha copia que nunca se restaurou non é unha garantía.
- Monitorización e alertas Se a web cae ou tarda demasiado, sabémolo antes ca os teus clientes.
- Dominio e certificado Renovados a tempo, sen sustos.
- Cambios de contido Textos, imaxes, horarios, novas páxinas, dentro do acordado cada mes.
- Revisión periódica de SEO e velocidade Con propostas concretas cando algo se degrada.
- Unha persoa responsable Con nome, á que escribir cando algo falla.
Para quen ten sentido
Para negocios que teñen web e non queren ocuparse dela: un despacho, unha clínica, un comercio. Tamén para webs feitas por outros que quedaron sen mantemento. Podemos revisar a túa web actual antes de comprometer nada e dicirche que faría falta; se é unha web con problemas de fondo, dicirémosllo.
Mantemento correctivo e evolutivo
- Correctivo Arranxar o que falla: un formulario que non envía, unha ligazón rota, un erro tras unha actualización.
- Evolutivo Mellorar o que funciona: unha páxina nova, unha integración, unha mellora de velocidade.
Deixamos claro que entra na cota mensual e que se orza aparte, para que non haxa sorpresas.
Como funciona
- Revisión da túa web Estado técnico, copias, seguranza, rendemento e SEO.
- Plan de mantemento Con alcance, tempos de resposta e que se vixía.
- Posta en marcha De copias, alertas e actualizacións.
- Informe periódico Breve co que se fixo e o que se recomenda.
Preguntas frecuentes sobre mantemento web
Mantedes webs que non fixestes vós?
Si, tras unha revisión inicial. Se a web está feita cun xestor de contidos, miramos plugins, versións e seguranza antes de asumir o mantemento.
Que tempo de resposta ofrecedes?
Acordámolo por escrito no plan segundo a criticidade da túa web. Non prometemos tempos que non poidamos cumprir.
Hai permanencia?
Non plantexamos permanencias longas; o plan revísase de forma periódica. Os termos concretos asínanse na proposta.
Canto custa?
Depende do tamaño da web e do alcance. Como calculamos o orzamento, en prezos.
Falamos do teu caso?
Cóntanos que che quita tempo ou que precisas na túa web. Respondémosche nun día laborable cunha proposta concreta, sen compromiso.
Escribirnos