Política de cookies
Política de cookies conforme ao artigo 22 da LSSI.
Resumo: esta web non utiliza cookies. Para contar visitas usa unhas estatísticas propias que non instalan cookies nin gardan nada no teu navegador.
Que son as cookies
Pequenos arquivos que un sitio web almacena no navegador da persoa visitante e que permiten lembrar información sobre a súa visita.
Cookies que utiliza esta web
Ningunha. Esta web non instala cookies propias nin de terceiros e non mostra publicidade. Non hai que aceptar nada para navegar por ela.
Estatísticas de visitas sen cookies
Medimos a audiencia cunha ferramenta de estatísticas de código aberto, instalada no noso propio servidor, só para saber cantas persoas visitan a web, que páxinas ven e canto tempo, e así mellorala. Funciona sen cookies e sen gardar nada no teu dispositivo, non te segue por outras webs e os datos non se ceden a terceiros nin se usan para outra cousa. Cumpre as condicións que a Axencia Española de Protección de Datos fixa para a medición de audiencia exenta de consentimento (guía de xaneiro de 2024): é propia, só estatística e sen reutilizar os datos. O detalle do que se rexistra está na política de privacidade.
O contador respecta a opción «Non rastrexar» (Do Not Track) do navegador. Tamén podes desactivalo só neste navegador co botón seguinte; para lembralo gárdase unha única marca no almacenamento local, estritamente necesaria para cumprir a túa elección.
Se no futuro engadimos cookies
Se chegasen a engadirse cookies ou outras ferramentas de terceiros, esta política actualizaríase antes da súa instalación, listaríanse unha a unha coa súa finalidade, duración e responsable, e mostraríase un mecanismo de aceptación previo.