Web e automatización para clínicas e consultas en Galicia

Unha web que aparece cando te buscan, recordatorios que reducen as citas perdidas e un asistente que atende o repetitivo. O teu equipo queda cos pacientes.

Que adoita quitar tempo nunha clínica

Nunha clínica pequena ou mediana, boa parte da xornada administrativa vai en tarefas que se repiten todos os días e que non requiren criterio clínico:

  • Chamadas para confirmar, mover ou cancelar citas.
  • Mensaxes fóra de horario que ninguén contesta ata a mañá seguinte.
  • Os mesmos datos tecleados dúas veces: na axenda e na facturación.
  • Unha web desactualizada, lenta ou que non aparece cando alguén busca o tratamento e a localidade.

Son tarefas con regras claras, que se poden automatizar coa supervisión dunha persoa. Esa é a parte que facemos.

Que facemos para clínicas

  • Web a medida Rápida e accesible, cunha páxina por tratamento e por localidade para que te atopen ao buscar «fisioterapeuta en Vigo» ou «dentista en Santiago». Forma parte do noso desenvolvemento web.
  • Recordatorio e confirmación de citas Por mensaxe, coa opción de confirmar, cambiar ou cancelar. Explicámolo en recordatorio de citas.
  • Asistente para dúbidas frecuentes Horarios, prestacións, como preparar unha proba. Responde só coa información da túa clínica e pasa a unha persoa cando a pregunta o esixe. Máis en IA para empresas.
  • Conexión coa túa axenda e co teu software de xestión Sempre que ofreza API, exportación ou un acceso razoable. Ver integracións.
  • Mantemento Da web e das automatizacións, para que sigan funcionando. Ver mantemento web.

Datos de saúde: como o plantexamos

Os datos de saúde son unha categoría especial no RXPD e trátanse con máis coidado. O noso criterio de partida é usar os mínimos posibles: para lembrar unha cita abonda co nome, a data e a hora, sen diagnósticos nin historial en ningunha mensaxe.

Cando intervimos en sistemas con datos persoais, asinamos o contrato de encargado de tratamento que esixe o artigo 28 do RXPD, limitamos os permisos ao imprescindible e deixamos constancia de que datos toca cada automatización. Isto non substitúe a validación do teu asesor ou delegado de protección de datos, con quen convén revisalo antes de poñer nada en marcha.

Como traballamos

  1. Revisión inicial, sen custo Vemos como funcionan hoxe a axenda, o teléfono e a web.
  2. Proposta mínima Eliximos un proceso concreto, normalmente as citas, e póñémolo en marcha como piloto.
  3. Medición Comparamos cos datos da túa propia axenda: citas confirmadas, chamadas evitadas, ocos sen cubrir.
  4. Ampliación Se funciona, engadimos o seguinte proceso. Se non, retirámolo.

Esta páxina describe o que facemos e como. Para ver exemplos con datos de mostra, mira casos.

Preguntas frecuentes sobre clínicas

Funciona co meu software de xestión de clínica?

Depende de se ofrece API, exportación de axenda ou algún acceso programable. Comprobámolo na revisión inicial e, se non se pode integrar de forma fiable, dicímosche antes de comezar.

Os meus pacientes falarán cun robot sen sabelo?

Non. As mensaxes automáticas identifícanse como tales e sempre hai unha vía clara para falar cunha persoa da clínica.

Que pasa cos datos de saúde?

Traballamos cos mínimos necesarios, asinamos o contrato de encargado de tratamento e non gardamos diagnósticos en mensaxes nin en rexistros das automatizacións.

Canto custa?

Depende do que se automatice e de cantos sistemas haxa que conectar. Explicamos como calculamos o orzamento na páxina de prezos.

Falamos do teu caso?

Cóntanos que che quita tempo ou que precisas na túa web. Respondémosche nun día laborable cunha proposta concreta, sen compromiso.

Escribirnos